Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de julio de 2014

MAÑÁN DECÍDESE O HOMENAXEADO DAS NOSAS LETRAS DO 2015






A Real Academia Galega celebrará mañá sábado 5 de xullo unha xuntanza ordinaria do seu Pleno, no transcurso da cal está prevista a elección da figura a quen se dedicará o Día das Letras Galegas de 2015.
Carballo Calero, Fernández de la Vega, Xela Arias, Manuel María e Filgueira Valverde.
Carballo Calero, Fernández de la Vega, Xela Arias, Manuel María e Filgueira Valverde.
 
As candidaturas presentadas de conformidade ao Regulamento de Réxime Interno da RAG son as seguintes:
Xela Arias Castaño.
Ricardo Carballo Calero.
Celestino Fernández de la Vega.
Manuel María Fernández Teixeiro.
Xosé Fernando Filgueira Valverde.
A decisión da Academia, que recaerá necesariamente nunha das figuras da devandita listaxe​, será dada a coñecer aos medios de comunicación o propio sábado, 5 de xullo, no transcurso nunha rolda de prensa que se celebrará na súa sede ás 13.30 horas.
 En calquera caso deben pasar dez anos entre a súa morte e a designación para ese día. Polo que Manuel María morto en setembro do 2004 teno difícil.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.