Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de julio de 2014

"CONTRABASSE" GAÑA O I CERTAME DE ESCULTURA ASOREY






Un contrabaixo esculpido en madeira fíxose co máximo galardón do primeiro Certame de Escultura Francisco Asorey. Os accésits foron para outras dúas pezas en granito unha e escaiola a outra. Agora o gañador disporá de seis mil euros e dunha sala para expoñer tódalas súas creacións durante un mes. David Leiros Araujo, autor deste ‘Contrabasse’, é xa o primeiro gañador do Certame de Escultura Francisco Asorey. O concurso, que naceu este ano co gallo do 125 aniversario do nacemento do escultor cambadés, logrou convocar 24 propostas, todas realizadas por artistas menores de trinta anos. 
©ArousaSiRadioSalnés
Só once delas pasaron á fase final. A decisión final foi complicada. Había varias obras dun nivel semellante. Finalmente o comité decantouse pola que rexistraba un mellor acabado. Entre as finalistas había pezas elaboradas maioritariamente en pedra, escaiola, algunha con detalles en chumbo ou barro. Os accésits foron para as obras ‘Fragmentos de un cuerpo desechado’, de Adrián Taracido, e ‘Sophie Sente’, do valgués Francisco Escariz, o único presente durante o fallo do premio. Varias obras máis das finalistas pertencía a antigos alumnos da Escola de Canteiros. 

 O gañador leva un premio de seis mil euros e poderá expoñer ó público as súas obras nun espazo do concello de Cambados aínda por determinar. Ademais a obra quedará en depósito no municipio durante dous anos e logo pasará a propiedade da Asociación Asorey. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.