A CIG e o BNG fan un chamameno a mobilizarse contra a supresión dos partidos xudiciais do Salnés.A deputada do BNG Montse Prado, xunto co membro da Federación da Administración da Cig, Xosé Henrique G. Outeiral, fixeron un chamamento aos veciños e veciñas do Salnés a participar nas concentracións convocadas na nosa comarca contra a supresión dos Partidos Xudiciais de Cambados e Vilagarcía de Arousa. A celebrada en Cambados non contou coa presenza do alcalde. I en Vilagarcía?
A nacionalista denuncia que coa aprobación do Anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial, que prevé a desaparación dos actuais xulgados, suporía a desproteción e o alonxamento da xustiza da cidadanía.
Para a deputada do BNG a supresión de 41 Partidos Xudiciais dos 45 que temos no País “é un golpe de estado” á cidadanía, que xunto co aumento das taxas xudiciais, supón que a xustiza só vai estar ao alcance dos máis poderosos economicamente en detrimento daquelas persoas con menos recursos, que terían que desprazarse no caso da nosa comarca a Pontevedra cun gasto en desprazamentos e aparcamentos, ademais dos problemas profesionais que significa a desaparición dos xulgados coa pérdida de postos de traballo.
Montse Prado pídelle ao Partido Popular que exerza dunha vez por todas de auténtico goberno de Galiza e que defenda os dereitos da sociedade máis indefensa e que non siga engañando máis á xente defendendo no Parlamento Galego unha cousa e logo na práctica non fan ningún tipo de presión.
O BNG e a Cig consideran de vital importancia impedir que o Partido Popular elimine os partidos xudiciais de Cambados e Vilagarcía e os trasladen para Pontevedra.
Por iso, fan un chamamento á cidadanía e aos colectivos sociais da Comarca do Salnés para que se mobilicen contra esta medida concentrándose hoxe martes 15 ás 20:30 diante dos xulgados de Vilagarcía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.