Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de julio de 2014

CONCENTRACIÓN CONTRA O PECHE DE XULGADOS EN CAMBADOS










A CIG e o BNG fan un chamameno a mobilizarse contra a supresión dos partidos xudiciais do Salnés.
A deputada do BNG Montse Prado, compareceu en rolda de prensa, xunto co membro da Federación da Administración da Cig, Xosé Henrique G. Outeiral, para facer un chamamento aos veciños e veciñas do Salnés a participar nas concentracións convocadas na nosa comarca contra a supresión dos Partidos Xudiciais de Cambados e Vilagarcía de Arousa.
A nacionalista denuncia que coa aprobación do Anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial, que prevé a desaparación dos actuais xulgados, suporía a desproteción e o alonxamento da xustiza da cidadanía.


Para a deputada do BNG a supresión de 41 Partidos Xudiciais dos 45 que temos no País “é un golpe de estado” á cidadanía, que xunto co aumento das taxas xudiciais, supón que a xustiza só vai estar ao alcance dos máis poderosos economicamente en detrimento daquelas persoas con menos recursos, que terían que desprazarse no caso da nosa comarca a Pontevedra cun gasto en desprazamentos e aparcamentos, ademais dos problemas profesionais que significa a desaparición dos xulgados coa pérdida de postos de traballo.
Montse Prado pídelle ao Partido Popular que exerza dunha vez por todas de auténtico goberno de Galiza e que defenda os dereitos da sociedade máis indefensa e que non siga engañando máis á xente defendendo no Parlamento Galego unha cousa e logo na práctica non fan ningún tipo de presión.
Pola súa parte, o representante da Cig Xosé Henrique García, coincidiu coa nacionalista en defender todos os partidos xudiciais galegos, ademais de deixar claro que desde o sindicato defenderán que se manteñan os casi 100 postos de traballo que hai entre o persoal dos xulgados de Cambados e Vilagarcía.
Para o sindicalista a aprobación deste anteproxecto afasta aínda máis a xustiza das clases populares e que co desmantelamento dos xulgados da nosa comarca, que levaron casi 20.000 casos o ano pasado, quedarán practicamente sen actividade xurisdicional. O sindicalista sinala que os problemas que pode ter a xustiza actualmente non se solucionan coa privatización se non con máis medios materiais e humanos.

O BNG e a Cig consideran de vital importancia impedir que o Partido Popular elimine os partidos xudiciais de Cambados e Vilagarcía e os trasladen para Pontevedra.
Por iso, fan un chamamento á cidadanía e aos colectivos sociais da Comarca do Salnés para que se mobilicen contra esta medida concentrándose o vindeiro mércores 9 de xullo ás 20,30 h. diante do Concello de Cambados e o martes 15 á mesma hora diante dos xulgados de Vilagarcía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.