Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de junio de 2014

OS TRABALLADORES DA PISCINA NON SON RECIBIDOS POR ARAGUNDE





As instalacións da piscina municipal están a ser explotadas, desde hai anos, pola empresa “Gimnasios Pazos SA”; empresa que estivo a incumprir o contrato (concesión á 15 anos) ao non facerse cargo do correspondente pago de facturas de Fenosa e de Gas Natural estipulado en dito documento. Así mesmo semella que a razón deste continuado incumprimento foi debido ao excesivo gasto enerxético das instalación municipais pola deficiente planificación desta infraestrutura (insuficiente illamento da cuberta que implica constantes  perdas de enerxía e, polo tanto, perda de cartos). Que xa o anterior alcalde prometera, no seu momento, a realización de obras de cambio de cuberta que resolverían  as deficiencias descritas pero, a día de hoxe, a pesar das continuas promesas realizadas desde o concello para solucionar esta problemática, as instalacións encóntranse, cada vez, nun estado máis precario para ofrecer un bo servizo aos preto de 400 usuarios/as actuais. Que a empresa concesionaria conta actualmente  con 17 traballadores/as pertencentes maioritariamente ao noso concello e que teñen unha idade media duns trinta anos (dato de gran importancia, pois o paro entre a mocidade do concello e da comarca está a ser realmente elevado) e que lles adebeda, a dia de hoxe, a mensualidade de maio, polo que están a pasar por un momento moi complicado e de gran incertidume laboral e persoal, razón pola que o BNG non entende porque a Alcaldía,  aínda non recibiu aos representantes sindicais dos traballadores/as da piscina despois de habelo solicitado ata en tres ocasións. 

Tendo en conta todo esto os Nacionalistas formulan as seguintes cuestións:
1.- Ten coñecemento o concello da precaria situación na que se encontran os traballadores/as da empresa concesionaria da piscina municipal?
2.- Cal é, a día de hoxe,  a situación da empresa concesionaria con respecto á xestión da piscina municipal ? Existe a posibilidade de que durante este ano se produza o peche das instalacións da piscina municipal?
3.- O concello leva anos facéndose cargo de facturas de electricidade e calefacción da piscina que lle correspondían á empresa concesionaria, polo que preguntamos se contemplaría  facerse cargo do funcionamento desta instalación municipal no caso de que “Gimnasios Pazos SA”, deixe de facelo?
4.- En que data agarda a Alcaldía que se realice o prometido arranxo da cuberta da piscina municipal?
5.- Cando vai recibir o Alcalde aos representantes sindicais dos traballadores/as?





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.