Os viños da D.O. Rías Baixas da 2013 veñen de recibir nove galardóns nos premios Baco 2014, un certame que mide a calidade dos viños novos do Estado. Os 45 catadores pertencentes á Unión Española de Catadores valoraron
382 viños inscritos. O resultado para a D.O. Rías Baixas foi un gran
ouro, 4 ouros e 4 pratas, confirmándose nesta edición como a
denominación de orixe galega máis premiada e como unha das mellores
valoradas a nivel estatal.
En concreto, o Gran Baco de Outro foi para Alba Martín, de Adegas
Martín Códax. Os 4 Bacos de Outro foron para La Val, Lagar de Cervera,
Lagar de Costa e Lagar da Condesa, mentres que os Bacos de Prata foron
para Aravo, de Beira Aral; Gran Novas, de Aldea de Abaixo SAT; Martín
Códax, das adegas do mesmo nome, e Pazo de Villarei, de Adegas Pazo de
Villarei.
As outras denominacións de orixe galegas tiveron un recoñemento máis discreto. Neno, de Adegas Viña Somoza, pertencente á D.O. Valdeorras, obtivo un Baco de Ouro; mentres que Guitián Joven, de Adegas A Tapada, e tamén da D.O. Valdeorras obtivo un Baco de Prata, o mesmo premio que Terras do Cigarrón, de Viñas e Adegas Galegas e pertencente á D.O. Monterrei.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.