O prezo está ben, a dous euros o quilo. Para a semana que vén aínda podería subir máis, afirman os mariñeiros.
Hai bo prezo pero poucas capturas. A sardiña quere augas frías, vento do norte... e ata agora, nin unha cousa nin a outra. A temperatura do mar entre Muros e Fisterra anda polos 15 graos. Por iso se pesca máis xurelo. Os barcos que saíron de alborada en Portosín apenas traen unhas caixas. O "Costa Cordal" de Cambados pescou 85 caixas e pagadas a 32 euros a caixa. Outro barco con outras 30 caixas.
A preocupación do sector pola escaseza de sardiña vén de lonxe. Os armadores din que eles se autoimpuxeron unha cota diaria de 7.000 quilos e agora temen verse prexudicados no plan que establecerá as cotas. Portugal podería levar o 60% e España, o 40. As capturas históricas dos últimos dez anos volverán ter moito peso na repartición. "Temos pouca maneira de xustificar as descargas en terra. Outros botaron sen control e hoxe os máis beneficiados van ser os máis depredadores", laianse on pescadores. A escaseza de sardiña xa foi a protagonista no San Xoán do ano pasado, cando chegou a pagarse a 20 euros o quilo nos días previos á festa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.