Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de junio de 2014

COMEZOU A CAMPAÑA O PP PARA AS MUNICIPAIS?






O Consello Regulador da D.O. Rías Baixas trasladou algunhas das súas principais preocupacións a deputados e senadores. O órgano aproveitou a visita dos membros das Cortes a Cambados para pór sobre a mesa dúas cuestións que preocupan ao sector: a blindaxe das marcas comerciais dos viños e a constitución da Comisión Interprofesional en Bruxelas.


A Asociación Parlamentaria pola Cultura da Viña e do Viño marchou de Cambados con deberes da DO Rías Baixas.
A blindaxe é unha das cuestións que máis preocupa á denominación. Reclama na nova Lei de Calidade se tomen as cautelas precisas para evitar prácticas irregulares.
O presidente de Rías Baixas trasladou estas inquedanzas nunha xuntanza en Exposalnés, durante a que os senadores e deputados escoitaron as súas reclamacións.

Pola súa banda, o alcalde de Cambados presentou á delegación a Asociación Internacional de Enoturismo, recén constituída en Cambados e que pretende aglutinar a todo o sector.
Por certo o sr. Alcalde ten que facer algo cos asesores de protocolo. Non é lóxico que non invite a todos os grupos políticos que compoñen a corporación local. Os deputados e senadores que viñeron non son so do PP. Creo que por respeto e protocolo deberían estar presentes os representantes de TODOS OS CAMBADESES.
É algo ao que nos ten acostumados, pero últimamente xa non invita a nada ao B.N.G nin PSdeG a ningún acto. 
Parce que xa estamos en campaña electoral para as municipais. Parece que tiveran medo. Pois non, en democracia non se pode ter medo.
Outra cousa é o da prensa local, da que falaremos noutro momento.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.