Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
10 de junio de 2014
CINCO NOVAS RUTAS NO PROGRAMA "GALICIA A TODO TREN"
A Casa de Galicia en Madrid acolleu hoxe a presentación do programa dos novos trens turísticos de Galicia ‘Galicia a todo tren’, na que interviñeron ademais da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar Blanco, e o director de Estratexia e Desenvolvemento de Negocios de Renfe, Rodrigo Hilario.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro destacou o feito de que este proxecto, que comezou o ano pasado como un proxecto turístico pioneiro, inclúa nesta segunda edición novos atractivos grazas á colaboración interinstitucional entre Renfe e a Xunta de Galicia e coa Deputación de Ourense, que vén de integrarse neste programa.
Segundo explicou, o Plan Integral de Turismo de Galicia na súa liña estratéxica sexta incide no turismo como sector multidisciplinar e no que interveñen axentes públicos e privados, de aí a necesidade de coordinación dos mesmos para conseguir un desenvolvemento turístico eficiente e sostible. “Os trens turísticos son un exemplo de colaboración para ofrecer un produto de calidade grazas á creación de sinerxías que combinan o aproveitamento turístico do territorio e a preservación do medio ambiente”, dixo Nava Castro.
O ano pasado puxéronse en funcionamento dúas rutas con 30 trens que realizaron itinerarios de media xornada e xornada completa. “O balance final constatou o acerto deste proxecto porque máis de 600 viaxeiros percorreron os itinerarios acadando unha ocupación media do 72,5%”.
Este ano, as rutas turísticas en tren de Galicia inclúen a posibilidade de percorrer a través das vías do ferrocarril as Rutas dos Viños de Galicia. En total haberá, xa que logo, 7 rutas con variadas temáticas: a Ruta dos faros, a Ruta dos Pazos e Xardíns Históricos e mais cinco Trens Turísticos do Viño, que transcorrerán polos diferentes territorios das Denominacións de Orixe de Galicia –Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro, Monterrei e Valdeorras-.
A estas rutas turísticas temáticas cómpre engadir a posibilidade de descubrir Galicia co Galicia Rail Pass, o Train and Breakfast Camiño de Santiago, o luxoso Al Andalus Camiño de Santiago e o Transcantábrico. As rutas estarán en funcionamento dende mediados de xullo ata finais de setembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.