A Xunta de Goberno da Deputación aprobou, na súa xuntanza de onte, a concesión de subvencións ós concellos para que poidan contratar persoal para o mantemento de bens e servizos municipais.
A Deputación destina un total de 3,2 millóns de euros a
esta finalidade, co obxectivo de permitir a contratación dunhas 800
persoas que nestes momentos carecen de prestación e que se atopan en
situacións especialmente difíciles.
De feito, os concellos, que
realizarán as contratacións a través do Servizo Público de Emprego,
terán que dar preferencia ós aspirantes que carezan de ingresos, teñan
as rendas máis baixas e teñan cargas familiares.O plan da Deputación beneficiará a todos os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que contarán con entre 6 e 20 operarios en función da poboación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.