Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de junio de 2014

ADEUS AOS XULGADOS DE CAMBADOS E VILAGARCÍA








Cambados e Vilagarcía quedarán sen xulgados.
Definitivamente, desde a Xuntan apostan por manter os xulgados das grandes cidades de Galicia e o que prometeron de defender todos os xulgados queda coma sempre na promesa para ter contentos a uns poucos, mentras  non se fixera oficial que a nova lei ía a eliminar xulgados de cidades e vilas galegas máis pequenas pero con gran e bo traballo.
Aínda seguen coa tese de manter os pequenos xulgados pero con moi pouca convicción.
Así o dixo Alfonso Rueda esta mañán.
"A Xunta fará todo o posible para conseguir un tribunal de instancia en cada gran partido xudicial". Segundo Rueda o texto definivo da reforma xudicial non se vai aprobar antes dun mes, polo que aínda hai oportunidades de emendalo.
"A demarcación provincial entendemos que en Galicia non é a ideal. Debería facerse un tribunal de instancia en cada gran partido xudicial actual que son as sete grandes cidades. Nós seguiremos defendendo isto sen prexuízo do mantemento do resto dos partidos xudiciais. É o principal porque de aquí partirá o demais".

Esto faise extensible aos xulgados de moitas poboacións galegas cos trastornos que xerará na impartición de xusticia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.