Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de mayo de 2014

OBRADOIRO DE AUTOEMPREGO E COOPERATIVISMO EN CAMBADOS





Cambados acollerá os próximos días 3 e 4 de xuño o segundo dos "Obradoiros de Autoemprego e Cooperativismo no Eido Rural" que se están a desenvolver no marco do proxecto aQuelando3, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e que buscan formar, asesorar, apoiar e acompañar os emprendedores que queren iniciar un novo proxecto empresarial que xere emprego e dinamización no rural.

Na primeira das xornadas, o martes 3 de xuño, a técnica da Rede Eusumo da Xunta de Galicia Purificación Alfonso falará sobre como detectar necesidades e ideas de negocio innovadoras, para que os interesados poidan apostar por aqueles proxectos que realmente teñan máis garantía de éxito. De seguido, os participantes nos obradoiros poderán coñecer casos reais de persoas que decidiron emprender e que hoxe por hoxe teñen en marcha iniciativas exitosas, como Nacho Crespo da Quinta de San Amaro; Lorena Fernández e Ana Vidal de Achega atención domiciliaria; Yolanda Baños, Raquel Prol e Susana Loroño de Dalleqdalle coworking e Alicia Nogueira de Iki Findik.


Esta primeira sesión pecharaa Antonio Piñeiro, responsable do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 que expoñerá o funcionamento do centro e orientará aos novos emprendedores sobre a aplicación das novas tecnoloxías aos seus proxectos.

A segunda sesión comezara da man de María Esther Núñez e Carlos Morales, técnicos da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) que explicarán as diferentes fórmulas de autoemprego. A continuación Miguel Fidalgo, responsable de programas do IGAPE, disertará sobre as axudas ao emprendemento, para finalizar novamente Purificación Alfonso cunha explicación detallada do funcionamento, requisitos legais e característcas da fórmula cooperativa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.