Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de mayo de 2014

DUAS FESTAS NO FIO DA NAVALLA






"Para esas personas que critican tanto as comisions de fiestas que solo buscan defectos, xa que son tan atrevidos e falan solo de que a política esta no medio, chegoulles a hora deles e de demostrar o que que irán e facelo libremente e demostrarlle a xente todo o que falan , xa que son tan valientes. O domingo pasado hubo unha reunión con propósito de facerse cargo da festa de San Roque de Cambados, xa que actual directiva abandona e casualidade solo foron 8 persoas, das cales eran 4 da directiva saliente e as outras 4 eran de duas comisions distintas que ofreceron todo o apoio que se poida, e unha pena que se quede sin festa, así que se alguen quere facerse cargo xa sabe, e apoio tendrá, ANIMARSE." Texto literal sacado de Facebook.


Así describía o integrante dunha comisión de festas de Cambados o momento polo que pasan as comisións nestes intres. Ao que unha comisión, a de "Santa Mariña" concretamente engadía:

"Veña xente de Cambados animarse, SAN ROQUE queda sin festa e creemos que a PASTORA tamén, así que animarse e collelas para facerlle a festa, e nos estaremos encantados de axudar, compartir que lle chegue a todo dios, e que deixen de criticar e preguntar porque? 

SOLO HAY QUE COLLELA E FACER A FESTA NADA DE CRITICAS E ESES QUE CRITICAN AS COMISIONS DEBIAN SER OS PRIMEIROS". Tamén literal e tamén sacado de Facebook.



Como cambadés quixera puntualizar unhas cousas.
A primeira é que os únicos que politizan as comisións son os propios integrantes delas xa que so invitan, na maioría dos casos aos seus actos únicamente aos membros do governo municipal cando no noso pobo hai máis grupos políticos. Sexa para quedar ben, sexa por educación deberían invitar a todos os grupos.  Aínda que saiban que non vaian.
Non sabemos as razón polo que se discrimina a oposición.

Todos sabemos que as comisións ou parte delas son presidencialistas, esto é des a opinión que des faise o que diga o "presidente de turno e punto!". Polo tanto que se deixen de contos. Cando aparecen pola tua porta a pedir para a festa e lles comentas algo pasan "olímpicamente" do que lles digas.

Outro punto, i este é con relación a "Comisión de Festas da Pastora", esta comisión leva anos pedindo ao concello que non organice festas na mesma fin de semán que a Romería  para evitar o descenso de afluencia ao monte para así poder ingresar un extra polos postos que alí se establecen o dia da festa. A menos xente menos postos e menos ingresos. O concello fai caso omiso e organiza festas coma a desaparecida do "viño Europeo" ou a "feira de productos ecolóxicos".

Polo tanto e cos tempos que corren e a xente dando menos cartos para as festas é lóxico e normal que os cambadeses non se involucren máis.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.