No marco desta actividade, foron recibidos esta mañá no Pazo provincial pola deputada Ana Isabel Vázquez Reboredo, que agradeceu a visita e animou ós "futuros cociñeiros" a ter moi presentes os produtos desta provincia no seu labor profesional.
Pontevedra é xa un destino tradicional no programa de actividades do Basque Culinary Center (a primeira e única Facultade de Ciencias Gastronómicas de España), que organiza estas viaxes de aprendizaxe como unha forma de completar a formación do seu alumnado.
A visita continuará mañá mércores cun percorrido por varias adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas de Arousa e O Condado-A Paradanta; e pecharán a súa estadía en Pontevedra o xoves, día no que continuarán con visitas a adegas, así como á lonxa de Cambados e a unha cetárea. Despediranse cun showcooking na adega Lagar de Pintos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.