O episodio tóxico continúa con peches administrativos especialmente nos polígonos bateeiros. Só permanecen abertos dous na ría de Arousa e sete na de Vigo. Pero que resista a toxina fai saltar a alarma tamén nalgunhas zonas de moluscos infraunais, como na de Cedeira, unha das últimas en ter que pechar.
O sector está moi preocupado porque, se perxiste a toxina, acabará por afectarlles, como vimos noutros episodios, tamén a máis bancos de marisqueo e ocasionará moitas perdas, nun sector que xa está moi castigado, que xa o está pasando moi mal.
Aos peches de zonas de marisqueo, de moluscos infaunais, acaba de unirse por exemplo, o Polígono I de Cedeira.
Mentres persiste a toxina moitos bateeiros aproveitan para a recollida de mexilla nos principais bancos produtivos, xa que a Consellería do Mar amplía o prazo para estas tarefas ata o 30 de xuño.
Amais, os produtores de mexillón seguen á espera da publicación da orde de axudas polas perdas causadas polos episodios tóxicos do ano pasado.
Desde a consellería presentan as axudas moi ben pero logo na práctica e moi difícil acceder a elas. Estas son declaracións dun bateeiro afectado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.