Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
5 de mayo de 2014
A CARPA DO ALBARIÑO SAE A LICITACIÓN
O concello de Cambados anuncia a licitación de explotación da carpa da Festa do Albariño 2014.
Co epígrafe de “Autorización para a instalación de carpas e stands gastronómicos, no lateral do Paseo de a Calzada durante a LXII Festa do Albariño 2014”
Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso
Presuposto de licitación: 12.000,00 €. Garantía definitiva: 5% do canon resultante. Ao igual que foi concedida o ano pasado a Porto de Cambados.
Para a obtención de documentación e información deberanse dirixir a Concello de Cambados. Praza do Concello, 1 (36630 Cambados). Teléfono: 986520943. Correo electrónico: contratación@cambados.es. Web: www.cambados.es
Os requisitos: Os recollidos na cláusula 8a do Prego.
Para a presentación de ofertas e das solicitudes de participación ten un prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no BOP. Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello. 8.30 a 14.30 horas (luns a venres). 9.00 a 13.00 (sábados).
A apertura de ofertasserá na Casa Consistorial, ás 14.00 horas, do primeiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo sinalado para a presentación de proposicións (si coincide en sábado dito acto trasladarase ó primeiro día hábil seguinte).
Os gastos do anuncio serán por conta do adxudicatario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.