O alcalde, Luís Aragunde, mantivo recentemente unha reunión coa xove deseñadora cambadesa Eva Soto Conde, que nos últimos anos está experimentando unha gran proxección na súa carreira, asidua da Mercedes-Benz Fashion Week de Madrid e gañadora en tres ocasións do Concurso Nacional de Vestidos. Neste encontro tratouse de coordinar a posta en marcha dun desfile de moda en Cambados.
Neste evento Eva Soto exhibirá as súas máis recentes creacións que espertaron o interese da gran diva da música pop Lady Gaga. A deseñadora tamén prevé amosar coleccións anteriores, realizadas en
papel, coma a “Origami” ou “Pajaros en la cabeza”, que lle aportaron gran notoriedade e varios premios en diferentes pasarelas.
necesarios coa intención de darlle cobertura e impulso a unha das figuras con máis futuro no panorama da creación de moda.
Fonte:ArousaTV

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.