Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de abril de 2014

COMO DECÍA A "ORQUESTA MONDRAGÓN" VIAJE CON NOSOTROS



Cantos empresarios e cantos cargos viaxan a México.

A viaxe suponse que é para que empresarios da comarca busquen oportunidades de traballo naquel país, pero vendo a foto hai tantos cargos públicos coma empresarios. 
Hai dias Gonzalo Durán decía que os empresarios non se atrevían a viaxar polas dúbidas que xenera o mercado mundial aínda así varios foron a terras americanas na procura de novas perspectivas. Pero non por eso imos a completar aforo con políticos.
A Macomunidade conta cun stand na Feira de San Marcos, un evento que fai de escaparate inmellorable para que as empresas amosen os seus produtos. 

Foto: Canalriasbaixas

Con máis de 8 millóns de visitantes, a Feira de San Marcos en Aguascalientes é un escenario inmellorable para o desembarco dos empresarios do Salnés en México. Tomando o stand como base de operacións, varios empresarios xa comezaron a facer os seus contactos en México. Un país que ofrece innumerables oportunidades, sempre segundo Durán.
Para o presidente da FECA, México ten unha forte necesidade de produtos e servizos de primeira calidade como os que ofrecen os empresarios da comarca.
Durán instou a aproveitar oportunidades como estas viaxes, que permiten aos empresarios realizar os seus primeiros contactos da man da Mancomunidade do Salnés.

Para todo eso sobran cargos públicos na viaxe. I empresarios afíns ao PP. 








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.