É dicir, son microempresas e constitúen preto do 92 por cento do tecido empresarial da provincia. Segundo un estudo realizado pola Deputación, tense detectado que a meirande parte delas non usan as novas tecnoloxías por descoñecemento das súas posibilidades. Para botarlles unha man e solucionar estas eivas, o organismo provincial abrirá unha rede de cinco oficinas comarcais nas que técnicos especializados ofrecerán asesoramento ós empresarios. A do Salnés situarase en Cambados, no centro Exposalnés.
É a esencia do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0, como se denomina o piloto. ¿Que información se ofrece? Desde tipoloxías de equipamentos informáticos máis axeitados para cada peme ata a xestión de correo electrónico. Asesores TIC con amplos coñecementos estarán á fronte destas oficinas. Ademais vanse realizar titorizacións nas empresas que vaian incorporando novas tecnoloxías e seguirase a súa implantación.
O outro proxecto tecnolóxico a desenvolver pola Deputación orientarase á Xestión de Activos Municipais, centrado no estudo e seguimento dos servizos que prestan os concellos para rendibilizalos ó máximo. Ribadumia será un dos concellos que integre este proxecto piloto, que unha vez concluído, preténdese estender a toda a provincia de Pontevedra. Financiarase con 450.000 euros. O destinado ás pemes, cun millón e medio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.