A esta hora en Portosín, o sector do cerco da xarda e do xurelo analiza o borrador do Ministerio sobre o reparto de cotas. Os mariñeiros falan de discriminación do sector en Galicia, para beneficio doutras comunidades.
O sector amósase decepcionado co borrador presentado onte polo Ministerio de Agricultura, onde a repartición das cotas para Galicia queda como estaba, case un 25% de xarda, fronte ó 48 de Euskadi, e case o 40 de xurelo.
Entenden que se está a discriminar a Galicia e -apuntan- os datos son claros.
A Galicia correspóndelle un 15 por cento da cota total. En Cambio Euskadi xestionará o 39 por cento de acordo coa orde ministerial.
Nesa reunión analizarán as mobilizacións dos últimos días e tamén se continuarán coas protestas nas vindeiras xornadas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.