Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de marzo de 2014

AS TRABALLADORAS DA RESIDENCIA VALLE INCLÁN PREMIO 8 DE MARZO DA C.I.G.




Fernanda Lois recolleu o premio



A loita das mulleres da residencia Valle Inclán, que veñen mobilizándose desde xaneiro de 2013 pola readmisión das traballadoras despedidas, recibiu o Premio 8 de marzo na súa VIII edición. 

A secretaria da Muller, Margarida Corral, foi a encargada de entregar os agasallos e de lembrar a acción sindical desenvolta pola traballadoras da Residencia Valle Inclán durante máis de un ano contra unha sociedade na que se desviaron cartos a contas persoais, creando outras sociedades e comprando coches de alta gama, “cando ao persoal se lle adebedaban 4 mensualidades e non se estaban a cumprir as sentenzas condenatorias dos xulgados do social de Pontevedra”.
Unha sociedade na que se permitiu, cando tomou posesión o novo director, Enrique Martínez Núñez, en xaneiro de 2013, que este anunciara a súa intención de non asumir ningunha das débedas anteriores e rematar co comité de empresa. “Comezan así a represión e os recortes: discriminación salarial por ser afiliadas da CIG, non aboando salarios as persoa afiliadas/os ou que participaron en candidaturas das centrais sindicais nas eleccións sindicais, modificación de tarefas e categorías profesionais, destitución de cargos, posteriormente rebaixa das retribucións, reducións nas bases de cotizacións e o cabo duns meses comezan os despedimentos”, lembrou Corral.
Xunto a estes, a secretaria da Muller da CIG denunciou que se denegaron sistematicamente, por parte da dirección, as reducións de xornada por coidado de menores, tendo que as demandar ao xulgado do social e “impóñense sancións indiscriminadamente, insultos por parte da dirección para crear división entre o persoal, degradación e descualificación ante as compañeiras.
Salientou ademais que foi a raíz do requirimento da Inspección de Traballo e do Xulgado do Social de Pontevedra de que se puxera a disposición do comité de empresa e do xulgado todo referente ao estado das sociedades e situación das empresas, cando a dirección despediu ao resto dos membros do comité de empresa “para non ter que entregarlle a documentación”.
Posteriormente, cando intentou a revogación do comité e non o consiguiu despediu tamén a outro grupo, así como as delegadas das seccións sindicais, ascendendo o número de despedimentos, na actualidade, a un total de 39, celebrándose 20 xuízos dos cales 15 despedimentos foron declarados nulos, recoñecendo a persecución sindical. “O resto están pendentes de sentenza”, matizou.
Neste momento a empresa principal está en fase de liquidación no concurso de acredores, e están condenadas tamén o resto das empresas á readmisión das traballadoras despedidas. Mentres, os empresarios crean novas empresas e fan cesión ilegal de traballadores.
Margarida Corral denunciou que todo isto ocorreu “ante a pasividade da Consellería de Traballo e Benestar, que se negou a recibir ao Comité, cando a Xunta de Galiza ten un concerto asinado con esta Residencia para xestionar 110 prazas de residentes e por un importe superior a 1.450.000 euros”.
Denunciou tamén que “tanto a  Xunta de Galiza como a Autoridade Laboral están de brazos cruzados ante esta situación, pese a que deberan velar polo cumprimento da máis estrita legalidade tanto en materia laboral como no referente os requisitos esixidos no concerto” e subliñou que a pesar desta situación, “as traballadoras non ficaron á espreita de que o goberno do Partido Popular interviñese. E tal e como versa o sublema do 8 de marzo: Querennos na casa!Respostemos na rúa!


Fonte:Xornal Dixital AVANTAR

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.