Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de marzo de 2014

QUE FOI DO VELLO RAÑEIRO?






O delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou onte, en compaña do alcalde de Vilagarcía de Arousa, Tomás Fole, a empresa Fundiciones Rey que este ano cumpre os seu 70 aniversario de existencia.A firma arousana conta con 46 traballadores, 37 deles destinados a produción, e unhas instalacións de 4.000 metros cadrados situadas en Rubiáns. 

Ademais, a súa facturación supera os 5 millóns de euros anuais.
Ata aquí todo máis ou menos normal. 
Pero......... preguntaría Tourís por un emblema cambadés deixado pola man de Deus abandonado e tirado naquela fábrica. Cecáis moitos non sabedes que a vella i emblemática escultura do rañeiro e que sirveu de molde para a nova está tirada ou estivo nesa empresa.

Sabido é por todos que as esculturas que lle gustan aos nosos governantes do PP son de bronce e si pode ser de políticos franquistas.



 Agora que no concello dóuselles por recuperar vellos 
traballos de obradoiros anteriores podían bucarlle unha ubicación. Cecáis na devaluada casa mariñeira de San Tomé. Pero non tirala coma se fose algo inservible. 

Moitos cambadeses teñen fotos nesa emblemática fonte co rañeiro coma compañeiro.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.