Despois de concentrarense onte en Vigo, esta mañá trasladaron as súas protestas á cidade herculina
![]() |
Imaxen das protestas de onte |
Tripulantes da flota do cerco dos portos de Galicia bloquearon a primeira hora desta mañá o acceso á Coruña pola ponte da Pasaxe.
Arredor de mil manifestantes, entre mariñeiros e patróns, pasearon polas beirarrúas para protestar polo repartimento das cotas de xarda e xurelo, controlados polas forzas da orde. A súa presenza provocou importantes retencións de tráfico nas entradas e saídas da cidade.
Durante aproximadamente media hora, paráronse ante a Casa do Mar, onde se atopa a Delegación da Consellería do Mar. Alí, corearon lemas como "Queremos traballar, non roubar" ou "Non somos delincuentes, queremos traballar".
AMPLA PRESENZA POLICIAL
Unha veintena de policías antidisturbios atopábanse ante o edificio, xunto a medio centenar que están escoltando aos participantes na protesta na súa marcha polas rúas da Coruña. Detrás séguenlles máis dunha decena de coches policiais.
Durante a manifestación, están lanzando petardos e facendo soar as súas bocinas, aínda que sen que se produciron polo momento ningún incidente.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.