Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de marzo de 2014

NOVO VIDEO DA MANCOMUNIDADE DO SALNES





Con este novo vídeo a Mancomunidade quere amosar a beleza e os encantos do Salnés.

O Salnés quere internacionalizarse. A Mancomunidade ven de apostar por dar a coñecer a comarca nos mercados estranxeiros para capear a crise do turismo nacional. Con este obxectivo, elaboraron un coidado e orixinal material promocional destinado, principalmente, os turistas rusos, alemáns e ingleses.
 
Empregando España como reclamo e Galicia como referencia, a Mancomunidade busca que o Salnés supere as nosas fronteiras.
Nesta nova estratexia turística, a Mancomunidade apóiase en materiais de promoción dispoñibles en inglés, alemán, ruso e castelán. Ademais dunha aplicación para teléfonos intelixentes e unha guía turística, distribuiranse vídeos específicos para os mercados internacionais elaborados por esta casa.
Nesta aposta, a Mancomunidade conta co apoio da Axencia Galega de Turismo.
Unha colaboración público-privada que se pode escenificar o vindeiro xoves, en Rusia. A Axencia Galega de Turismo asistirá á Feira sectorial do país.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.