Onte martes 18 de marzo, tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago, a entrega dos Premios Mágnum do Viño Galego 2014 ante case 200 convidados representantes do mundo do viño galego. A continuación podes consultar os elexidos polo xurado como mellores traballos:
1) Mágnum ao Mellor Sumiller no Tratamento do Viño Galego:
- Juan Ayerbe (ElSumiller.es) Os cambadeses candidatos Esther Daporta e José Luís Aragunde quedaron as portas.
2) Mágnum á Mellor Labor de Difusión do Viño Galego:
- De Vinos – La Voz de Galicia
3) Mágnum ao Mellor Viño Revelación Galego:
- Sábrego 2010 – Quinta da Muradella. Finca O Pereiro 2012 da adega cambadesa Bodegas Albamar quedou finalista
4) Mágnum ao Mellor Viño Galego:
- Issué 2010 – Bernardo Estévez
5) Mágnum á Mellor Adega Galega (entendida como colección de viños):
- Zárate. Propiedade do concelleiro cambadés coñecido por durmirse nos plenos, Eulogio Pomares.
6) Mágnum Honorífico “Viñolvidable” a un profesional destacado polo seu traballo a prol do viño galego:
- Gerardo Méndez
Podes consultar todos os nominados 2014 pinchando aquí.
Esta tarde darase a coñecer o gañador da estancia no Hotel OCA Balneario Augasantas pola súa participación na votación do Mágnum ao Mellor Sumiller 2014.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.