Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de marzo de 2014

FIN DO CONFLITO DO CERCO PARA ESTE ANO




O sector do cerco volveu reunirse onte tralo acordo alcanzado onte para reparti-las cotas deste ano. 

Na xuntanza estiveron o secretario xeral de Pesca, Carlos Domínguez, e maila conselleira do Mar, Rosa Quintana. 

Os representantes do cerco explicaronlle ó secretario xeral de Pesca como van xestiona-los cupos de xarda e de xurelo deste ano. Tras negociar antonte durante preto de cinco horas, acordaron redistribuí-las cotas de xarda para equilibra-las diferenzas que hai agora entre barcos. Xestionarán o cupo de maneira individual, mentres que no caso do xurelo establecerán un plan de xestión conxunta. 
Os cerqueiros que non están conformes coas cotas actuais decidiron finalmente acata-la repartición, pero o compromiso que saíu da reunión de onte é tentar cambia-los criterios de distribución de cara ó ano que vén.

Uns 120 armadores do cerco reunidos  decidiron que comezarán a faenar o próximo luns.
Poñen así fin a case tres meses de protestas porque non estaban conformes coa repartición de xarda e xurelo no Cantábrico Noroeste.
Na asemblea, acordaron por maioría, sair ao mar o luns. Na decisión xogou un papel fundamental o aceno dos armadores vascos que resolveron cederlles aos barcos máis pequenos de Galicia 400 toneladas de xarda que en principio lle correspondía a Euskadi.


Isto minimiza a decisión dos armadores de Ribeira de non entrar a unha repartición conxunta da cota de xarda.
Os últimos datos indican que os pesqueiros de Burela seguirán os pasos dos de Ribeira e tamén é posible que fagan o mesmo os de Cambados.
A postura definitiva transcenderá mañá ou pasado porque as agrupacións teñen que comunicarlle a Pesca antes do mediodía de que cota dispoñen pra contabilizar as capturas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.