Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de marzo de 2014

DE FILLOS PREDILECTOS, ADOPTIVOS E HUMILDADE




Un artigo de A.C.T.

Os nomes propios desta nova poden ser sustituídos polos que os nosos lectores queiran. Esta nova é unha reflexión de como medidas políticas poden ser revocadas tan pronto como o poder troque de mans. 
Nun emotivo pleno extraordinario ao que acudiu o expresidente da Xunta Xerardo Ferández Albor, Ramiro Carregal Rey foi nomeado fillo predilecto de Vilagarcía. O empresario arousán, nacido en Vilagarcía no ano 1927, estivo arroupado polo goberno local e os concelleiros do PSOE (nin o BNG nin EU acudiron ao acto), así como polos exacaldes do municipio e o alcalde de Ribeira, os seus compañeiros da fundación Amigos de Galicia, o Club de Regatas e outras entidades coas que colabora habitualmente. Por suposto, acompañoulle tamén a súa familia, tanto os que residen en Barbanza como os que permanecen en Vilagarcía. Ramiro Carregal mostrouse moi ilusionado co nomeamento e dixo sentirse orgulloso de levar no DNI «a ría máis bonita do mundo». O alcalde, Tomás Fole, admitiu que «Vilagarcía é máis grande coa incorporación de Ramiro como fillo predilecto».

Ata aquí unha nova máis ou menos relevante. Sin querer quitar méritos ao empresario, queremos opinar.
A ausencia dos representantes de BNG e EU é significativa pois ao noso parecer un título desta dimensión debería ser otorgado por unanimidade. Pode acontecer que dentro duns anos estes grupos pasen da  oposición ao governo e revoquen este nomeamento. 
Entón que pasará?

Non é lóxico que leis, nomeamentos e tantas outras decisións importantes se fagan porque sí,  porque teño a maioría absoluta e porque dame a gana. 
O consenso, verba tan usada últimamente verba polos políticos so sirve para ser pronunciada pero non para facer un bo uso dela.

Hai outra cousa que me chocou bastante. Despois de recibir a distinción, nunha entrevista Ramiro Carregal era preguntado que lle parecía que o nomeamento non contase coa unanimidade do pleno. Nun alarde de prepotencia decía que non lle importaba e que xa en Ribeira cando fora nomeado fillo adoptivo a oposición non estivera de acordo. Unha persoa, entendemos nos que medianamente prudente e con menos "chulería" non tería aceptados ningún dos nomeamentos. Pero non todos somos iguais.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.