Os ladróns que entraron o domingo pola tarde no número 1 da rúa Blanco Amor de Cambados deixaron patas para arriba a vivenda ata atopar un suculento botín: 15.000 euros en metálico que gardaban os propietarios no interior dun floreiro.
O roubo perpetrouse o domingo, a iso das sete da tarde, nunha rúa céntrica situada á beira dos xulgados.
Este asalto vense a sumar ao anterior e a outros que se veñen producindo últimamente na zona de Cambados, casas particulares, naves, bares e incluso no Tanatorio en Santa Mariña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.