Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de febrero de 2014

ENTERRAN EN CAMBADOS AO ANCIÁN ASASINADO EN POIO




Secundino P.A. será soterrado hoxe en Cambados.

A Garda Civil investiga a morte dun ancián en Chancelas, Poio. O corpo dun home de 84 anos apareceu pasadas as doce da noite do domingo no exterior da súa vivenda. Foi un veciño da zona quen alertou as forzas de seguridade de que estaban a roubar no interior da casa deste home. Cando os axentes chegaron ao lugar, o home estaba tendido no chan e o equipo médico só puido certificar a súa morte.

Todo apunta a que o fatal desenlace puido ocorrer durante onte a noite. A vítima apareceu con varios cortes na cara e a vivenda permanece precintada. O home xa sufrira un roubo violento no mes de novembro e recibira unha malleira. Segundo fontes da investigación, o asasinato puido ser cometido por dous encapuchados que fuxiron en dirección Sanxenxo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.