Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de febrero de 2014

A PROPÓSITO DOS RESTOS APARECIDOS NA TORRE






Despois de leer e releer a entrada sobre a nova que CORES DE CAMBADOS  fixo da aparición duns restos arqueolóxicos preto da Torre de San Sadurniño,  que fixo outro blog, limiteime a recomendarlle que fixera unhas correccións, que o administrador dese blog ao final fixo. Pouco menos que tachaba de inocentada unha nova moi seria a noso entender. Pouco menos que tachaba a nova de inocentada. Eso si a inocentada propiamente non a colleu.


Foto: A ti meu Cambados
Pero vendo a repercusión que a nosa entrada tivo e segue a ter non queda máis que "presumir" de ter destapado un anaco da historia do noso pobo. Algo que outros medios con máis relevancia fixeron no 2011 e que quedou nun caixón, cousa que agora pode non ser así.

Ese blog que non daba un tratamento xusto, ao noso parecer, ao referido artigo tivo a ben dar publicidade estes dias de dous vídeos da Deputación sobre duas rutas. A ruta dos Castelos e a Ruta dos Castros. A noso entender moi bos e divulgativos. Parece que so interesa o que as institucións gobernadas polo PP publican. Casualmente levan tempo na web da Deputación e o noso amigo so lle interesou agora que a oposición pide que se lle de a importancia que merecen os restos aparecidos na Illa da Figueira.


Outro que tira para a sua casa é o Alcalde de Vilanova que quere "poñer en valor" os restos do Castelo de Lobeira porque están no seu concello. E fai unhas láminas de como podía ter sido o castelo para promocionalo nos colexios da comarca cos cartos da Mancomunidade.

O B.N.G agora e Anova naquel momento piden que se estuden e investiguen os restos aparecidos hai un mes e que de novo como ben informa "A ti Meu Cambados" quedaron ao descuberto i en peor estado que antes. O que ben a demostrar que a "protección" feita por operarios do concello de Cambados, asesorados e supervisados por un arqueólogo que cobra relixiosamente, foi unha chapuza.
En fino que empezou como un pequeno descubrimento segue dando que falar un mes despois.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.