TELÉFONOS DE INTERESE

4 de febrero de 2014

SEGUEN OS ROUBOS EN CAMBADOS. ESTA NOITE NUNHA DEPURADORA






Os ladróns que entraron o domingo pola tarde no número 1 da rúa Blanco Amor de Cambados deixaron patas para arriba a vivenda ata atopar un suculento botín: 15.000 euros en metálico que gardaban os propietarios no interior dun floreiro.
O roubo perpetrouse o domingo, a iso das sete da tarde, nunha rúa céntrica situada á beira dos xulgados.


A pasada noite tres individuos encapuchados tentaron roubar nunha depuradora en Castrelo, parroquia de Cambados. Os presuntos ladróns víronse sorprendidos polo vixiante nocturno que ao chegar ao lugar atopou unha escaleira apoiada nun muro da depuradora. Entón os tres encapuchados abordaron ao vixiante e pedíronlle a combinación da caixa forte. Ao parecer o home non a sabía polo que os ladróns desistiron no seu intento.Non se sabe a contía do que levaron. 

Este asalto vense a sumar ao anterior e a outros que se veñen producindo últimamente na zona de Cambados, casas particulares, naves, bares e incluso no Tanatorio en Santa Mariña.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.