O Concello de Cambados volveu a facelo. Pero desta vez demostrando que a primeira fora un desastre completo.
Os restos aparecidos na illa da Figueira a carón da Torre de San Sadurniño volvéronse a cubrir con area pero non sin antes poñer unha redilla de aramio, para que as pedras non se desprendan.
Hoxe mesmo "La Voz de Galicia" publica que a falla de permisos impide tapar os restos aparecidos. Non sei cando foron mirar pero este domingo pasado tiven a ocasión de ir por alí e xa os volveran tapar (as fotos que acompañamos o demostran).
Cabe recordar que os restos saíron a luz no 2011 e foron tapados. Volveron a destaparse a principios de ano, e CORES DE CAMBADOS así o publicou. Nova que difundiron despois os xornais locais. O Concello volveu tapalos coa excusa da falla de cartos, cousa que parece ser mentira dado o superávit que dixo o alcalde que hai no noso Concello.
Dada a chapuza feita voltaron a sair á vista tras outro temporal, e así seguirá sendo mentras non se faga unha protección axeitada e os temporais non nos abandonen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.