Iñaki Bretal,
cociñeiro do restaurante Eirado da Leña de Pontevedra é un dos oito
profesionais que compiten hoxe mércores 12 de febreiro pola única praza
que aínda queda dispoñible na gran final do prestixioso concurso
Cocinero del Año.
Verase as caras con outros tres cociñeiros guipuscoanos, dous
pontevedreses, un alavés e un pamplonés nun evento que se celebra en
Santiago de Compostela.| Lorena Moldes |
Só un deles poderá estar na final deste concurso, que se celebrará o 3 de abril no marco da feira Alimentaria Barcelona.
O concurso Cocinero del Año é un prestixioso evento a nivel nacional dirixido a chefs profesionais maiores de 23 anos, e avalado polo chef tres estrelas Michelin, Martín Berasategui. Esta edición divídese en cinco semifinais ás que se presentan miles de chefs de toda a xeografía española. Nesta quinta e última semifinal están incluídas as comunidades de Galicia, Asturias, Cantabria, Navarra, País Vasco e La Rioja.
OUTRAS ACTIVIDADES
Ademais, haberá diferentes degustacións de produtos dos patrocinadores do concurso.
A entrega de premios levarase a cabo tamén no Centro Superior de Hostelería de Galicia) ás 19:00 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.