Despois de leer e releer a entrada sobre a nova que CORES DE CAMBADOS fixo da aparición duns restos arqueolóxicos preto da Torre de San Sadurniño, que fixo outro blog, limiteime a recomendarlle que fixera unhas correccións, que o administrador dese blog ao final fixo. Pouco menos que tachaba de inocentada unha nova moi seria a noso entender. Pouco menos que tachaba a nova de inocentada. Eso si a inocentada propiamente non a colleu.![]() |
| Foto: A ti meu Cambados |
Ese blog que non daba un tratamento xusto, ao noso parecer, ao referido artigo tivo a ben dar publicidade estes dias de dous vídeos da Deputación sobre duas rutas. A ruta dos Castelos e a Ruta dos Castros. A noso entender moi bos e divulgativos. Parece que so interesa o que as institucións gobernadas polo PP publican. Casualmente levan tempo na web da Deputación e o noso amigo so lle interesou agora que a oposición pide que se lle de a importancia que merecen os restos aparecidos na Illa da Figueira.
.jpg)
Outro que tira para a sua casa é o Alcalde de Vilanova que quere "poñer en valor" os restos do Castelo de Lobeira porque están no seu concello. E fai unhas láminas de como podía ter sido o castelo para promocionalo nos colexios da comarca cos cartos da Mancomunidade.
En fino que empezou como un pequeno descubrimento segue dando que falar un mes despois.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.