Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de febrero de 2014

A FLOTA DO CERCO PENSA ENDURECER AS SUAS PRESIÓNS









Máis de 500 traballadores do cerco concentráronse diante da Xunta para protestar pola repartición da xarda que aprobou o Goberno.


Os armadores reclaman un sistema de repartición máis xusto que teña en conta o número de traballadores de cada embarcación.


Co sistema actual, ao cerco galego correspóndelle un 25% da cota total; unha porcentaxe moi baixa que, segundo din, significaría a ruína dun sector que lles dá traballo a máis de 1.200 persoas na nosa comunidade.

Aínda que esta concentración foi "pacífica" xa están en marcha próximas mobilizacións e segundo testemuñas recollidas por este blog poderían ser de outro tono debido ao estado de ánimo dos mariñeiros. Polo de pronto xa pediron permiso para unha manifestación que se desenrolará próximamente.


Prevén que unha próxima reunión do sector se celebre en Cambados. Hai que lembrar que o sector pide a demisión do presidente das confrarías galegas pois cren que Benito González está "vendido" a Xunta e non os representa.


Nesta protesta estaban representadas a maioría das confrarías galegas.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.