Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de febrero de 2014

A DEPUTACIÓN FACILITA O ENCHUFISMO?





A Deputación de Pontevedra sae, unha vez máis, en apoio dos concellos con menos recursos e ultima un plan para dotalos de persoal destinado a obras e servizos prioritarios.
Cun orzamento de máis de 3 millóns de euros, o plan permitirá a contratación duns 800 operarios para os concellos de menos de 50.000 habitantes.
Este plan de emprego faise especialmente necesario neste ano, dado que son moitos os bens e servizos municipais que sufriron unha especial deterioración como consecuencia da sucesión de borrascas e temporais nos últimos meses, que causaron estragos en praias, camiños e outros espazos públicos.

A Administración Provincial transferiralle aos municipios a cantidade precisa para a contratación do persoal e serán os propios concellos os que se encarguen da selección e contratación dos operarios, que se agarda estean xa traballando entre mediados de marzo e comezos de abril.
Coma sempre a Deputación lávase as mans e serán os Concellos os que se encargue de contratar ou enchufar a que lles pareza.
A oposición teía que preguntar que tipo de contratos vai ter este persoal. Visto o que se está a facer cos que actualmente están a traballar para os concellos con cargo a Deputación, traballar 25 horas semanais, algúns deles, semana si, semana non e algo bastante chamativo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.