Trátase dun conxunto de tres visitas guiadas que o Gabinete Didáctico ofrece a todos os públicos para coñecer pouco a pouco o complexo museístico.
As tres rutas son complementarias e permiten unha achega á historia e ás coleccións do Museo. Comezarán o 7 de febreiro e rematarán o 1 de xuño. Os percorridos realizaranse a partir dun mínimo de 5 persoas.
A RUTA DO MUSEO: Ruta guiada na que se pretende unha achega á historia dos seis edificios que compoñen o Museo de Pontevedra e ás principais coleccións que custodia.
Data: sábados (expecto 17 de maio)
Hora: 11.30-13.30 h
Punto de encontro: Ruínas de San Domingos
Nº participantes: 25
ACHÉGATE Ó SEXTO!: Visita guiada polo Sexto Edificio do Museo como unha primeira toma de contacto coa súa arquitectura e as súas coleccións.
Data: domingos
Hora: 11.30-13.00 h
Punto de encontro: Sexto Edificio
Nº participantes: 25
VEN Ó SARMIENTO!: Percorrido guiado polo Edificio Sarmiento a través da súa historia, a súa arquitectura e os fondos que nel se expoñen.
Data: venres (excepto 18 de abril)
Hora: 18.00-19.30 h
Nº participantes: 25
Para participar é necesario inscribirse previamente través da dirección de correo electrónicogabinetedidactico.museo@depo.e ou ben chamando ó teléfono986 804 100, extensión 42413.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.