Na rolda de visitas que está a facer Cores Tourís polas confrarías esta vez tocoulle a Vilanova de Arousa.
Non sería mellor facer nun día a visita as confrarías cercanas?
Pero Tourís no debe pensar en aforrar?
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá a sede da confraría de A Pastoriza de Vilanova de Arousa, acompañado polo alcalde da localidade, Gonzalo Durán, e o patrona maior deste pósito, Evangelina Lago.
Durante a encontro, o responsable da Delegación Territorial aproveitou para anunciar que o pósito de Vilanova de Arousa recibirá case 116.000 euros para a mellora da produtividade dos bancos marisqueiros e para a xestión e vixiancia.
Deste xeito, segundo recordou o delegado territorial, a Consellería do Medio Rural e do Mar destinará 545.000 euros na provincia de Pontevedra á mellora da produtividade dos bancos marisqueiros con perda de produción, “o que supón un 80% do total a nivel autonómico”. Esta liña de axudas destínase a proxectos colectivos de acondicionamento mariño e rexeneración, co fin de contribuír de forma sustentable a mellorar a xestión e conservación dos recursos mariños vivos.
Desta cantidade, 340.000 euros destinanse a mellora da produtividade dos bancos marisqueiros nas diferentes confrarías da comarca de O Salnés. No caso do pósito vilanovés, en concreto, a confraría da Pastoriza obtivo unha axuda de 20.000 para a rexeneración de o Esteiro de Vilamaior e o banco de Negrenla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.