O B.N.G. de Cambados ven de presentar por rexistro unha serie de preguntas sobre as obras nunha pista que se están a realizar no lugar de Quintás, Castrelo; obra consistente no ancheamento do camiño que baixa dende Condes de Albarei ata a desembocadura do Rio Umia. Dita obra realízase dentro dun espacio natural protexido e, segundo queixas dos veciños/as, sen consenso con gran parte dos propietarios/as das parcelas que están obrigados a ceder parte da súa propiedade para a ampliación da citada pista.
Solicita polo tanto que se lle repondan as seguintes preguntas:
1.- Cal é a necesidade de acometer esa obra?
2.- Que orzamento esta asignado para a súa realización? Que parte do orzamento lle corresponde financiar ao Concello de Cambados?
3.- Con qué permisos, e de que organismos, conta o Concello para emprender unha obra tan agresiva co medio ambiente?
4.- Porque non se trataou de chegar a acordos cos veciños/as afectados/as e, pola contra, se lles obrigou a ceder terreos e árbores para beneficio de non se sabe moi ben quen ou qué?
5.- Como e en que medida, valora vostede, que esta actuación beneficia ao povo de Cambados en xeral e á parroquia de Castrelo en particular?
6.- Se como din, esta obra, é para que poidan chegar os buses ao remate da pista, porque non se habilita un aparcamento na pista de entrada á Adega Condes de Albarei e se promociona que os posibles visitantes fagan o percorrido a pé, gozando así do contorno paisaxístico desta privilexiada zona natural?
7.- Qué necesidade hai de gastar os cartos agredendo á natureza, podendo facer as cousas de maneira que saián gañando tanto os cidadáns como a paisaxe?

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.