Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de diciembre de 2013

DECLARACIÓNS DE BENITO GONZÁLEZ NA RADIO GALEGA




Na entrevista non fixo referencia a os temas referentes a confraría que el preside e que está sempre no epicentro polos continuo litixios.

O presidente da Federación Galega de Confrarías fixo balance na Radio Galega do ano que remata. Na entrevista do "Galicia por diante", Benito González sinalou que o 2103 foi un ano atípico na pesca polos cambios bruscos de tempo, pero destaca que se está a pechar de forma positiva coa campaña de Nadal.
González explicou que varias especies están acadando bos prezos nas lonxas, unha situación que lles dá un respiro ós produtores. 
De feito, o presidente da Federación Galega de Confrarías asegura que no último ano aumentou o número de mozos que volven ver no mar unha saída laboral.


Normativa europea
Sobre o acordo acadado este mes en Bruxelas para os topes de capturas do 2014, o presidente da Federación Galega de Confrarías afirma que non está de todo satisfeito. Ó abeiro desa norma comunitaria os barcos galegos poderán coller máis pescada, máis xarda e máis lirio, pero menos xurelo. González sinala que prexudica á frota do cerco, que vive principalmente do xurelo.

O responsable das confrarías galegas tamén tivo críticas cara a lexislación comunitaria noutros puntos, como o relativo á renovación da frota. Asegurou que Europa non ten en conta as peculiaridades das embarcación galegas, nomeadamente as que se dedican ó marisqueo.
Neste sentido, reclamou máis unidade das distintas forzas políticas e do sector para defender en Bruxelas os intereses de Galicia.

Novo decreto de confrarías

Benito González lembrou que o sector está pendente de que se aprobe o novo decreto de confrarías, que recibiu múltiples alegacións e mesmo demandas xudiciais. Sinalou que moitos pósitos están pendentes de convocaren eleccións, pero que non o poden facer mentres a norma autonómica non estea lista.
Sobre o contido do decreto, o presidente da Federación ve aínda moitas eivas e estima que os xuristas que o elaboran non tiveron en conta moitas das demandas realizadas dende as confrarías.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.