Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
11 de noviembre de 2013
ROSA QUINTANA DAMA DOS PINCHOS E AGORA DAS EXCUSAS
A conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, asegurou que a climatología en Galicia "fai imposible" realizar labores de prevención no inverno contra os incendios forestales, por iso considera "demagóxico" afirmar que estas tarefas deban facerse nesa estación. A climatoloxía de Galicia é a que é e non por eso se deixa de traballar.
"Todos estivemos nalgún momento na oposición e entendemos certa demagoxia política, pero en determinados asuntos, que son de interese para o país, debemos traballar conxuntamente", apuntou Rosa Quintana nunha entrevista con Correo TV. Conxuntamente se refire a todos e vostede desto non entende. Pregunte a xente do mar por eses pequenos reductos de dictadura chamadas CONFRARÍAS.
Remarcou que o 98 por cento dos montes son privados e que a lei obriga aos seus donos a mantelos limpos. "A Xunta traballa nunha lei que permita mellorar a estrutura agraria de Galicia para animar á xente a que agrupe as súas propiedades e nós aportaremos subvencións para que poidan poñelos a producir", destacou. Poñer multas a que incumpla coa sua obriga de manter limpos os montes debe supor pérdida de votos pois non se entende que a Xunta non cumpla co de facer cumprir as leis a todos.
Denunciou que este ano se buscou facer moito dano", en referencia aos lumes que se rexistraron nas proximidades de núcleos de poboación e que "puideron ocasionar desgrazas persoais".
Ademais, sinalou que as condicións climáticas do pasado verán foi propicio para a propagación do lume, á vez que ve como tarefa pendente mellorar as campañas de concienciación social para que os cidadáns valoren o monte.
Como se di por Cambados "disculpas de mal pagador"
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.