A medida ten que pasar previamente polo Parlamento para a súa aprobación dentro dos orzamentos da Xunta para o 2014. Portos de Galicia acordou baixar a taxa E2 nun 8%, que é aquela que afecta ás autorizacións para a utilización de espacios portuarios, como almacéns ou explanadas e da que se benefician mariñeiros ou mariscadores.
Esta grava a facturación
e ocupación de espacios portuarios en réxime de concesión, como establemecentos de hostelería ou clubes náuticos.
Tamén baixa nun 2,5% a taxa X5 referida á ocupación de lámina de auga por parte de embarcacións deportivas e a X3 faino nun 10%, para aquelas empresas que traballan no transporte de pasaxeiros nas rías.
A rebaixa será do 20% para as que fagan máis de 50.000 embarques ó ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.