TELÉFONOS DE INTERESE

25 de noviembre de 2013

PORTOS DE GALICIA PLANTEXA A REBAIXA DE TAXAS PARA O 2014





 José Juan Durán,  presidente de Portos de Galicia, anunciou a semana pasada de que o ente autonómico rebaixará a partir de 2014 unha serie de taxas portuarias. Unhas rebaixas que poderán ser de ata o 20%.

A medida ten que pasar previamente polo Parlamento para a súa aprobación dentro dos orzamentos da Xunta para o 2014. Portos de Galicia acordou baixar a taxa E2 nun 8%, que é aquela que afecta ás autorizacións para a utilización de espacios portuarios, como almacéns ou explanadas e da que se benefician mariñeiros ou mariscadores. 

A taxa CIS baixará nun 10%.

Esta grava a facturación
 e ocupación de espacios portuarios en réxime de concesión, como establemecentos de hostelería ou clubes náuticos. 
Tamén baixa nun 2,5% a taxa X5 referida á ocupación de lámina de auga por parte de embarcacións deportivas e a X3 faino nun 10%, para aquelas empresas que traballan no transporte de pasaxeiros nas rías. 
A rebaixa será do 20% para as que fagan máis de 50.000 embarques ó ano.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.