Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de noviembre de 2013

PLATAFORMA CONTRA A SUBIDA DO I.B.I. EN VILAGARCÍA






A Plataforma en contra da suba do IBI en Vilagarcía ven de convocar unha manifestación para o vindeiro 13 de decembro, na que pedirán ó Concello que non suba este imposto xa que suporá un duro varapau para as familias arousáns.

A Plataforma en contra da suba do IBI de Vilagarcía intenta por tódolos medios que o Goberno Local non suba este imposto e que quede fixado como no ano 2011, nun índice do 0.52 %. En caso contrario, entenden que moitos arousáns non darán pagado o recibo, tal e como están as cousas. 

As negociacións que se levarán a pleno por parte desta plataforma integrada por doce colectivos vilagarciáns, amais do grupo político Esquerda Unida, inclúe varias medidas que minguarían o efecto sobre a poboación. Polo de agora o Goberno de Tomás Fole non accedeu ás súas propostas, razón pola cal convocan unha manifestación para o vindeiro mes de decembro. Desde Esquerda Unida apuntillan que hai unha dobre vara de medir para recada este imposto: namentres ó cidadán de a pé se lle cobra puntualmente hai organismos, como o Porto de Vilagarcía, que leva anos sen pagalo IBI.

Para cando unha plataforma deste tipo en cada vila, en cada povo ou unha a nivel galego ou nacional?


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.