A Alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, prestou esta mañá declaración durante case catro horas no Xulgado de Cambados polo suposta trama de corrupción urbanística nese Concello. A rexedora de Sanxenxo amosouse confiada con que a xustiza lle dará a razón.
Seguen as declaracións no xulgado de Cambados pola presunta trama de corrupción urbanística de Sanxenxo; relativa á construcción de chalés en Dorrón, Bascuas e un bloque de edificios na rúa Progreso. Este venres foi a quenda de declaración da actual rexedora sanxenxina. Catalina González entraba no xulgado ás 9 da mañá e permaneceu durante case tres horas declarando ante o xuíz. Á saída do mesmo non quixo afondar sobre o contido da súa declación. Catalina González afirmou contundente que estaba confiada na súa inocencia. Malia a presión mediática desta mañá a Alcaldesa de Sanxenxo asegurou que está a sobrelevar a situación. As declaracións sobre este caso comezaron o pasado martes co exedil de urbanismo, Ángel Casal ó que se lle acusa de prevaricación na construcción dos chalés.
Onte era a secretaria xeral de Urbanismo durante o mandato de Telmo Martín, Encarnación Rivas, a que prestaba declaración durante gran parte da mañá, acusada dun delicto de prevaricación urbanística, que podería dar lugar a un delicto de cohecho. Os que si non pasaron por este xulgado foron o exarquitecto municipal e a exasesora xurídica da Xerencia de urbanismo sanxenxino, ámbolos dous imputados por prevaricación, cohecho e tráfico de influencias. Desde a Xunta de Galicia, o propio Presidente amosou o seu respaldo a Encarnación Rivas e asegurou estar moi atento a este caso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.