Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de octubre de 2013

O B.N.G. TACHA DE LAMENTABLES AS EXPLICACIÓNS DE ARAGUNDE







As autorizacións verbais da Administración “non existen”, iso é a primeira cuestión que lle debe quedar clara a Aragunde (é unha argumentación ridícula). Hai algún departamento da Xunta ou do Goberno Central no que teñan valor as autorizacións verbais? Vivimos nunha democracia (aínda que semella que non se enterou todo o mundo) e facemos leis para cumprilas e así conseguir unha sociedade igualitaria e, como sempre, o PP pensa que a democracia remata unha vez que gana as eleccións.
O problema é que o PP utiliza este, reiterado, argumento á súa conveniencia e dille ao cidadán (aos seus, claro): “ti fai, que se ninguén denuncia non hai problema” (recórdese neste senso, como caso sangrante, o do “Pinal de Maza”). No Concello de Cambados, as únicas esixencias administrativas son para os do BNG. O portavoz do BNG de Cambados para limpar a fachada da súa vivenda tivo que presentar tres informes técnicos é un orzamento dunha empresa, e despois de agardar dous meses e medio, puido realizar a limpeza. E resulta que o concello, tan esixente co cidadán (sobre todo se é do BNG)  fai o que lle da a gana sen pedir permisos a ninguén e o fai público, sen ruborizarse e quedándose tan tranquilo; isto non pode ser real.

Ademais, a afirmación de Luís Aragunde de que coa construción deste muro, metido na praia dun Espazo Natural Protexido, non se dana o entorno natural é demostrar unha ignorancia impropia dun cargo público, co agravante de que se trata dun cargo que foi moitos anos concelleiro municipal de medioambiente. Non é de estrañar que a problemática mediambiental sexa tan normal no noso concello. Un concello que aínda non se dou conta do gran valor de parte  litoral municipal que está incluído nunha zona ambiental protexida polos seus valores naturais; unha zona na que o concello se adica a facer “pifiadas” (recórdese a peculiar rehabilitación dunha telleira protexida por Patrimonio) en lugar de promocionala.

E a partir de agora que deben facer os veciños e veciñas de Cambados cando teñan que realizar unha obra: pedir permisos verbais, non pedir permisos, facerse militantes do PP…






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.