Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de octubre de 2013

AGÁRDANNOS TRES ANOS DE DÚBIDAS POR CULPA DE FEIJÓO



Tras a presentación dos Presupostos de Galicia as conclusións que se poden sacar son varias. Un ano de governo ou desgoverno? Tres anos por diante cheos de dúbidas.


Un ano despois o discurso de investidura de Feijóo  fica como unha simple listaxe de incumprimentos, como evidencia que os diferentes plans estratéxicos contra a crise non foran presentados, debatidos nin aprobados.

A centralización de fondos contra a crise foi esquecida e o Fondo de Crecemento demostrouse un mero anuncio publicitario.

O desemprego continúa crecendo e cada vez hai máis galegos e galegas baixo o limiar da pobreza, mentres o presidente da Xunta continúa sen presentar unha soa proposta para debater e avanzar coa oposición. 


 esquecemento das grandes propostas de acordo coa oposición para reordenar o mapa local, blindar os servizos públicos, protexer o sector lácteo e frear o despoboamento do rural.

As cifras orzamentarias rexistran un “descenso formidable” nas áreas de investimento, impedindo que se cumpran as previsións de crecemento para 2014.

O "incremento escandaloso da desigualdade” a través dunha política fiscal regresiva e a degradación imparable das condicións de vida dos galegos e das galegas.

O gasto social pasou do 70,4 por cento en 2009 ao 62,3 en 2014, a débeda pública disparouse dende o 3,6 por cento en 2009 ao 20,1 por cento en 2014.
A débeda supón xa o 16 por cento do PIB, ao ascender ata os 9.397 millóns de euros, o que fai que “un rapaz nacido este ano ten unha débeda de 3.400 euros só da Xunta”.


Case tódalas partidas diminúen salvo o orzamento da Consellería de Vicepresidencia e os opacos “gastos de diversas consellerías”, sen especificar. Mentres, os orzamentos das consellerías de gasto social descenden, 20,7 millóns de euros -0,6 por cento- no caso de Sanidade, 20,9 -1 por cento- en Educación e 13,9 –un 1,9 por cento- no caso de Traballo e Benestar.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.