Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de septiembre de 2013

OS CIDADÁNS MERECEMOS EXPLICACIÓNS








Seguimos agardando que o PP condene o financiamento irregular detectado en 2006, baixo a dirección de Feijóo, cando ingresaron 2,6 millóns de euros sen declarar de empresas contratistas co governo galego. 

A cidadanía esixe ao presidente da Xunta que explique as relacións do seu partido coa trama de financiamento irregular do ex tesoureiro Bárcenas, e lamenta que sexa “incapaz de darlle explicacións a Galicia e a os galegos e galegas representados no Parlamento.

A lentitude do PP en explicar estas relacións en contraste coa habilidade probada para “montar tramas falsas”, como a do suposto financiamento irregular do sindicato Unións Agrarias. Consideramos “inaudita” a actuación da Xunta, “en función da denuncia dun partido político a través dunha nota de prensa”, cando o vicepresidente daquel governo é ao mesmo tempo o secretario xeral do PPdeG. 

Todo isto é “mais propio dos tempos de Macquiavelo que do século XXI”, facendo propios os escritos nos que o politólogo florentino explicaba que a mellor maneira de forxar o poder autoritario era xerando desconcerto e a confusión, “que é precisamente o que fai o governo galego cos cidadáns de Galicia”.

Os cidadáns reclaman a presenza de Feijóo na Cámara para dar explicacións sobre as súas propias palabras nas que adiantaba que non vou ceder á chantaxe, evidenciando que “hai motivos para chantaxear ao presidente polos que debe dar conta”. Tamén hai que lembrar as afirmacións relativas a que rematou a infamia, cando “as infamias, si existen, rematan con transparencia e información, dando a cara”.
 Feijóo recriminoulle á oposición que pedir explicacións desprestixia á democracia, en realidade “confunde que a democracia se desprestixia cando se converte nun sistema autocrático que agocha a información molesta para o governo”. 

Finalmente os cidadáns criticamos que o presidente da Xunta considere que a ética a dan os votos, a o que temos que decir que “os votos dan o poder lexítimo: a ética tense ou non se ten, e o poder si que se pode lexitimar a través do seu exercicio con comportamento ético, o outro son exercicios autocríticos”.


Todo esto é aplicable a Mariano Rajoy e o Governo de Madrid
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.