Víctor Caamaño, portavoz do BNG presentou hoxe luns 9 de setembro, no
rexistro do Concello, unha moción para 'demandar medidas para paliar os
danos causados pola vaga de lumes e unha nova política forestal contra os
incendios'.
O portavoz nacionalista manifestou ademais que 'ordenar os espazos
forestais, desenvolver unha política de prevención de incendios, controlar as
terras agrarias e aplicar unha política de reactivación da actividade
socioeconómica neste campo, son factores importantes que o goberno galego
debe atender.' Engadiu que 'renunciar aos recortes nos servizos
públicos é fundamental para evitar, neste caso, a falta de medios para previr
e extinguir incendios, debendo pular pola tecnificación e profesionalización
dos recursos.
Víctor Caamaño, afirmou tamén que ' a Xunta de Galiza debe revisar de xeito
inmediato o dispositivo de defensa contra incendios forestais e,
conxuntamente co goberno do Estado, implementar de maneira urxente
as medidas dirixidas a paliar os danos causados pola vaga de lumes e
contribuír a súa extinción'.
Finalmente, o portavoz municipal do BNG, dixo que 'as axudas da Xunta e do
Estado deben dirixirse ao restablecemento das infraestruturas públicas e
privadas, cultivos e infraestruturas agrarias e
levar a cabo actuacións para evitar a erosión do monte e os arrastres de
terras a ríos e ao mar'.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.