TELÉFONOS DE INTERESE

9 de septiembre de 2013

O B.N.G. DE CAMBADOS URXE MEDIDAS PARA EVITAR OS LUMES






Víctor Caamaño, portavoz do BNG presentou hoxe luns 9 de setembro, no 
rexistro do Concello, unha moción para 'demandar medidas para paliar os 
danos causados pola vaga de lumes e unha nova política forestal contra os 
incendios'.

O portavoz nacionalista manifestou ademais que 'ordenar os espazos 
forestais, desenvolver unha política de prevención de incendios, controlar as 
terras agrarias e aplicar unha política de reactivación da actividade 
socioeconómica neste campo, son factores importantes que o goberno galego 
debe atender.' Engadiu que 'renunciar aos recortes nos servizos 
públicos é fundamental para evitar, neste caso, a falta de medios para previr 
extinguir incendios, debendo pular pola tecnificación e profesionalización 
dos recursos.

Víctor Caamaño, afirmou tamén que ' a Xunta de Galiza debe revisar de xeito 
inmediato o dispositivo de defensa contra incendios forestais e, 
conxuntamente co goberno do Estado, implementar de maneira urxente 
as medidas dirixidas a paliar os danos causados pola vaga de lumes e
contribuír a súa extinción'.


Finalmente, o portavoz municipal do BNG, dixo que 'as axudas da Xunta e do 
Estado deben dirixirse ao restablecemento das infraestruturas públicas e 
privadas, cultivos e infraestruturas agrarias e 
levar a cabo actuacións para evitar a erosión do monte e os arrastres de 
terras a ríos e ao mar'.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.